Eu son

xoves, 11 de xuño de 2015

une-saison-en-enfer

Posología: alprazolam 50mg 1-1-1 + besitran 75mg 1-0-0


une saison en enfer. repite comigo. un-saison-en-enfer.
Olga Novo

50mg de Besitran, principio activo: sertralina.
Ao comezo, era líquida.
"Son solo unas gotas. No es nada. Empezaremos con unas dosis muy pequeñitas."
Chuchei do dosificador todas as doses durante dous meses,
ata que lin o prospecto. Foi aí cando souben que
Contiña alcol puro e precisaban ser disoltas en auga.

Seguían a sentirse como agullas sucias e amarelas a rasparme a lingua.

As benzodiacepinas conducíame a un estado de somnolencia perpetua.
O primeiro día que as tomei, o psiquiatra dixo
"Mándame un e-mail este fin de semana para contarme como respondes a ellas"
Ás nove da noite estaba a durmir. Pracidamente. Álvaro velaba o meu corpo cunha sombra de medo nos ollos.

A ansiedade é só un corpus
dunha linguaxe
moito maior.
Non chega para explicar entender aprehender
a semántica do medo.

A miña primeira sesión no psiquiatra
el non tiña panos de papel na consulta.
Tivo que saír e tardou varios minutos en volver

No silencio da oficina, limpeime a cara coas mangas.
Lembro pensar que, efectivamente,
todo se fora á merda.


Volveu cunha caixa de cartóns chea de panos.
El non o sabe pero era igual
á que meu pai ten sempre

na mesiña de noite.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Polo mundo en diante

Seguidores